O cazador


Poster de O Cazador
Curtametraxe | Cor | 25’ | DV | 4:3 | España, 2008

Un relato de Anton Chéjov que leva por nome ‘O Cazador’. Dous actores sobre un escenario baleiro construíndo uns personaxes. Un cazador e unha campesiña que se atopan nun prado co peso dunha relación pasada ás súas costas. A construción da emoción, a elaboración dunha ficción: da palabra á imaxe.